Sada 1 – Xallas 1

Valioso empate.
Traballado punto conseguido polo Xallas ante  un equipo que esta na zona media alta , primeira parte igualada , con moita intensidad e os dous equipos intentando chegar
a portería rival xogando o balón por abaixo , no minuto vinte despois dun saque de banda o balón chegaba a Doro que a toca para Oscar que desde o pico da área bate a Miguez cun forte disparo .
A segunda mitade e tras os cambios do Sada no descanso , os locais melloraron moito e pasaron a dominar , pero xa con balons mais directos buscando Alberto e as segundas xogadas e o Xallas buscando salir rápido a contra , no minuto 55 chegaria o empate tras un saque de córner que Diego remata no primeiro pau . O Sada seguiría igual en busca do gol da victoria , ainda que foi Doro no minuto 90 o que estaría mais cerca de marcar tras ver o porteiro adiantado e desde tres cuartos mandou o balón pegado o largueiro .

M.Couto.

IMG_4483

 

 

 

 


Deja un comentario