Xallas 0 – Bertamirans 0

Partido tremendamente igualado o vivido na xélida tarde de hoxe en Fontenla no que a diferencia entre os dous equipos no campo nada tivo que ver coa diferencia na clasificación e é que o Xallas imprimiulle un gran ritmo e moita intensidade ao partido dende os primeiros minutos e puxo contra as cordas aos colideres en numerosas ocasións.
Non houbo na primeira parte ningunha ocasión clara por parte de ningún dos dous equipos se ben o xallas levou algo máis a iniciativa pero o bertamirans respondia con algún que outro contrataque peligroso.
Comezou a segunda parte na mesma dinámica que transcurrira a primeira e aos 5 minutos de comezar Anxo non era quen de marcar un claro man a man no que todo parece indicar que houbo penalti sobre o propio Anxo pero que non foi sinalado polo colexiado. Contestaba pouco despois o Bertamiráns cunha clarísima ocasión de Astray na que Julián facía unha gran intervención. Continuou o partido na mesma dinámica cun Bertamiráns que daba gran sensación de peligro con numerosas contras pero que non chegaron a inquietar a portería de Julián; sería Rober Pladur quen malograría ao redor do 60 un man a man no que Jose fixo unha gran parada.
Pouco despois a punto estivo de chegar o gol para os visitantes tras unha falta botada por Juan que salia moi cerca do pau. A pouco mais de 10 minutos do final era Doro quen tamén nun libre directo poñía en serios apuros a Jose que volvia a facer unha magnífica parada.
Xa no tempo engadido sería Fuentes quen a piques estivo de darlle os tres puntos aos locais cunha volea dentro da area a que contestaba Jose cunha extraordinaria parada e asinar así as tablas no marcador.

M.Couto.

Anxo un dos destacados do partido.

IMG_4476


Deja un comentario